A técnica individual, protagonista do “Seminario Monográfico FGB” para adestradores

A Federación Galega de Baloncesto estrea iniciativa didáctica orientada a adestradores e creada baixo a denominación “Seminario Monográfico”. A cita inugural da mesma terá lugar o vindeiro mércores, 12 de outubro; en Cambados (Pavillón Polideportivo do Pombal).

Esta novidosa convocatoria, que agarda prolongarse nos vindeiros meses con diferentes propostas, articulase en torno a tres charlas prácticas, todas baixo unha mesma temática común: a técnica individual .

A Area deportiva FGB ofrece así unha nova posibilidade de reforzar os coñecementos e a preparación dos adestradores nos conceptos que engloba a técnica individual, sumando tamén un alto compoñente de interacción entre alumnos e relatores.

Manu Santos (adestrador do Xuven Cambados de LEB Plata), Cristino Menor (Director Técnico de Estudiantes Lugo) e César Iglesias (Director Técnico de Novobasket Vigo) serán os encargados de dar forma a esta iniciativa, baixo o seguinte horario:

16.30 h – Manu Santos: “Resolución de vantaxes a través do tiro”.

18.00 h – Cristino Menor: “Recursos individuais de finalización en espazos intermedios”.

19.30 h – César Iglesias: “O pase: onde comeza o xogo colectivo”.

Inscrición
Os adestradores dispostos a participar deste “Seminario Monográfico” deben solicitalo vía mail (adestradores@fegaba.com) indicando os seus datos persoais, club de referencia e título da charla en cuestión. A data límite para materializar esta acción está marcada para o martes, 11 de outubro (ás 19.00 h).

Validación
Pola súa banda, Os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB que participen da xornada completa poderán transformar a súa asistencia por 1 CETI e un total de 8 HORAS de formación individual complementaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram