A Selección U16 Masculina, recibida en Marín

(Foto:Santos Álvarez)

(Foto:Santos Álvarez)

(Info: Área Comunicación FEB) Primeira parada no traballo sobre a cancha para a Selección Española U16 Masculina, que comezou este domingo en Marín a súa preparación rumbo ao Europeo de Letonia a finais de agosto.

O Concello da localidade pontevedresa e a Federación Galega recibiron ao combinado nacional e trasladáronlle o seu apoio de cara ao reto continental.

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, exerceu de mestre de cerimonias para a Selección U16M no seu paso polo Concello, onde tamén lles agardaba a alcaldesa da localidade pontevedresa, María Ramallo, o Tenente de Alcalde, Manuel Santos, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba.

Marín está a ser por méritos propios nun dos puntos de referencia do baloncesto formativo en España. Nas tres últimas tempadas, organizou os Campionatos de España Júnior Masculino (2013 e 2014) e o Cadete Masculino (2012), cunha espectacular resposta do público local no pavillón A Raña.

Dossier Selección U16M

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram