A Selección Galega Cadete Feminina e os Federados, protagonistas este domingo na Liga ENDESA

– Obradoiro CAB e Federación Galega de Baloncesto irán da man este domingo, 2 de febreiro, no marco da décimo oitava xornada da Liga ENDESA, a que traerá consigo un atractivo Río Natura Monbus – Iberostar Tenerife (Multiusos Fontes do Sar. 12.00 h).

– A presenza en Sar da Selección Galega Cadete Feminina, actual medalla de Bronce; así como a disposición de prezos especiais nas entradas deste encontro tanto para federados como para pais destes, centran os principais referentes deste partido, establecido como “Día do Federado”.

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB presentaron este venres, 2 de febreiro; os detalles dunha xornada moi especial, a que se vivirá este domingo no Pavillón Multiusos Fonte do Sar co Río Natura Monbus – Iberostar Tenerife (12.00 h), concebido como “Día do Federado”.

Da man da Secretaria Xeral FGB, Susana Fernández; do Director Xeral de Obradoiro CAB, José Luis Mateo; e do técnico de Río Natura Monbus, Moncho Fernández; trasladáronse os detalles que rodearán a este partido, unha cita na que o club compostelán e toda a súa afección homenaxearán á Selección Galega Cadete Feminina, combinado autonómico que vén de acadar o BRONCE no recente Campionato de España.

Esta medalla, definida polo propio Moncho Fernández como “un fito” para o actual deporte de Base Galego recibirá o merecido aplauso do público de Sar. Xunto a este, as 12 xogadoras que defenderon as cores de Galicia, e o seu corpo técnico, vivirán en primeira persoa o recoñecemento do propio Club santiagués e, por suposto, da Federación Galega e o seu principal patrocinador, “la Caixa”.

Promoción “Día Do Federado”
A parcela federativa tamén será protagonista este domingo gracias á iniciativa común da FGB e o propio Obradoiro CAB mediante a cal se dispoñen entradas a un prezo vantaxoso de 9 euros a todos aqueles que posúan licenza na Federación Galega de Baloncesto e desexen asistir ao Río Natura Monbus – Iberostar Tenerife.

Os Federados que desexen acollerse a esta promoción deberán presentar a pertinente documentación acreditativa (licenza ou folla de inscrición do equipo debidamente selada) e así obterán entradas ao indicado prezo de 9 euros en Tribunas 2. Esta promoción faise extensible para os pais de calquera federado de baloncesto.

Esta promoción é válida á hora de adquirir a entrada en venda anticipada tanto nas oficinas do club de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, como na Tenda Oficial “Miudiño Store” no Área Central – local Blusens, de mércores a sábado de 17.00 a 22.00 horas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram