A Selección Femenina comezará o camiño ao EuroBasket en Vigo

Deputación de Pontevedra

(Info:FEB) O alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o presidente da FEB, Jorge Garbajosa; e o novo presidente da Federación Galega, Julio Bernárdez, presentaron na cidade olívica o Torneo Internacional que abrirá a preparación da Selección Feminina ao EuroBasket Feminino de Eslovenia e Israel.

O equipo de Miguel Méndez iniciará a concentración en Vigo e alí xogará o seu primeiro torneo de preparación. Os rivais serán China, actual subcampión do mundo e número 2 da clasificación; e Italia, un histórico do baloncesto europeo e 16 na clasificación FIBA.

O baloncesto feminino volveu a rexurdir en Galicia, co Durán Maquinaria Ensino en LF Endesa; e o Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi nos primeiros postos da LF Challenge. Ata catro xogadoras galegas participaron nos partidos de clasificación para o EuroBasket: Raquel Carrera, María Araújo, Paula Ginzo e Marta Canella, ademais do seleccionador Miguel Méndez.

Precisamente o alcalde Abel Caballero anunciou que Miguel Méndez será nomeado vigués distinguido en 2023, ademais de asegurar estar “ilusionado de ser sede dun torneo de gran calidade para a preparación do que seguro que será un novo éxito da selección feminina do baloncesto.” A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que “Vigo será máis grande converténdose durante uns días no epicentro do baloncesto feminino”. O presidente da FEB, Jorge Garbajosa, engadiu que “para nós é un ano especial no que celebramos os 100 anos da Federación, e regresar a Vigo coa selección feminina é un novo motivo de alegría.”

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram