A Ruta “Ñ” chega a A Coruña

A Selección Española Masculina afronta esta noite en A Coruña (Coliseum, 22.15 h. Con cheo asegurado) un apaixonante encontro ante a potente Arxentina enmarcado dentro da súa ruta de preparación para os Xogos Olímpicos de Londres.

A desta noite na cidade herculina será una nova cita para a lembranza. Facía 32 anos que a selección española non pisaba A Coruña. Un partido amigable fronte á Unión Soviética en maio de 1980 foi a última visita da selección a esta cidade galega.Os homes de Scariolo porán así hoxe o punto e final a tantos anos sen recibir ao combinado nacional en chan coruñés.

Será o noveno partido da Selección na cidade galega, cun balance desfavorable de 2 vitorias e 6 derrotas. Unha ocasión máis que perfecta para gozar do mellor Baloncesto. En fronte, un rival á altura, unha Arxentina que xa sabe o que é acadar un ouro olímpico (Atenas 2004) e un bronce en similares circunstancias (Pekín 2008).

Scariolo e o seu equipo chegan a Galicia tras vencer este Mércores a Australia no Martín Carpena de Málaga e afrontarán na Coruña o seu penúltimo encontro antes de poñer rumbo a Londres, sede olímpica.

A partir das 22.15 h os afeccionados de toda Galicia, que sen dúbida encherán o Coliseum, desfrutarán en primeira persoa do talento de auténticas estrelas como Pau Gasol, Calderón ou Ibaka. Toda unha festa do Baloncesto.

Colexiados galegos
A presenza galega neste España – Arxentina estará asegurada na pista do Coliseum. Esta responsabilidade recaerá no apartado arbitral, da man de Jacobo Rial e Daniel Pazos, colexiados adscritos ao Comité Galego de Árbitros, designados pola FEB para dirixir o encontro.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram