A “Relación de árbitros e oficiais de mesa cos adestradores e axudantes”, a debate da man de Carlos Colinas

A “Relación de árbitros e oficiais de mesa cos adestradores e axudantes” será a protagonista dunha Charla – Coloquio que a Delegación en Vigo organiza este martes, 10 de abril, na propia cidade olívica. Coa presenza de Carlos Colinas como principal relator, poranse sobre a mesa aqueles factores cos que conviven nas pistas colexiados e adestradores.

O técnico do C.D.Bosco – R.C. Celta aportará a súa particular visión e ampla experiencia dende o banquillo e poderá intercambiar opinións cos alí presentes, co obxectivo de achegar diferentes puntos de vista sobre unha temática que nos atinxe a todos.

A sede escollida para esta actividade é a Casa do Deporte (Rúa Fotógrafo Luis Kasado, 17) á que están convidados a achegarse árbitros, adestradores, afeccionados e xente do baloncesto en xeral. Entre todos enriquecerase este coloquio, co seu inicio previsto para as 20.00 h.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram