A punto para o Curso de Adestrador Superior 2017

(Foto: FEB)

(Foto: FEB)

Zaragoza volverá a ser desde este domingo, 16 de xullo; a sede do Curso de Adestrador Superior, cuxa fase presencial se estenderá ata o día 30 de xullo.

Un total de 31 alumnos galegos formará parte desta XLI edición do curso, a cal conta con máis de 250 participantes chegados de todo o país. Esta trintena de técnicos que inician este domingo un paso máis na súa formación supón un récord de participación para Galicia, Comunidade que ademais estará representada tamén no campo docente deste CES 2017 polos técnicos ACB Diego Ocampo e Moncho Fernández, responsables de impartir dúas sesión cada un; Rubén Vázquez, titor auxiliar; e o director deportivo FGB, Carlos Colinas, un dos catro titores principais desta cita. 

Unha carga lectiva de 755 horas repartida en catro grandes bloques: Formación, Adestramento, Táctica e Dirección; conformará a base principal deste CES 2017, que se reparte en cinco fases: non presencial (do 10 de abril ao 30 de xuño), a indicada presencial (do 16 ao 30 de xullo), a fase do proxecto (do 1 de agosto ao 9 de decembro), a fase de prácticas e a de recuperación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram