A Provincia de Lugo e Bilbao, sedes dos Campionatos de España de Clubs Júnior

(Foto: FEB)

(Foto: FEB)

(Info: Área de Comunicación FEB) Designadas as sedes dos Campionatos de España de Clubs 2017 en categoría Júnior: Bilbao será a sede da categoría masculina e a Provincia de Lugo (ubicación concreta por determinar) a da categoría feminina.

Os Campionatos de España de Clubs en categoría Júnior para este 2017 xa teñen sedes. Serán Bilbao e a provincia de Lugo (agardando por designar localización específica) as zonas que acollan a categoría masculina e feminina, respectivamente; despois de que a Federación Española de Baloncesto analice todos os informes de avaliación das candidaturas.

Deste xeito, no caso do Júnior feminino é a Federación Galega de Baloncesto a organizadora do mesmo, con sede na provincia de Lugo. Esta designación súamase ás xa coñecidas para a categoría infantil, a celebrar en Cambados e Vilanova (masculina) e Marín (feminina). Galicia repite así un ano máis como un dos mellores escenarios para desfrutar do Baloncesto base nacional. 

No caso do Júnior Masculino serán a Federación Vasca e a Federación Vizcaína as organizadoras, co Concello de Bilbao como colaborador e con sede na capital vizcaína.

Con estas dúas designacións complétase o cadro de sedes dos Campionato de España deste 2017:

Campionato de España Infantil Masculino (11 a 17/06/17) : Cambados e Vilanova

Campionato de España Infantil Feminino (11 a 17/06/17): Marín

Campionato de España Júnior Feminino  (07 a 13/05/17): Provincia de Lugo

Campionato de España Júnior Masculino: Bilbao

Campionato de España Cadete Masculino (21 a 27/05/17): Lleida

Campionato de España Cadete Femenino (21 a 27/05/17): Aljaraque e Punta Umbría.

 

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram