A “Plataforma de Mellora do Adestrador Galego” convoca a súa primeira xornada presencial. O novidoso escenario formativo ideado pola Área de Adestradores FGB cita aos seus 16 integrantes a tomar parte da súa primeira reunión persoal.
Baixo a dirección do Responsable Deportivo FGB, Carlos Colinas; e coa asistencia dos catro titores oficiais da Plataforma: Antonio Pérez, Gonzalo Rodríguez Palmeiro e Carlos Maceiras; os adestradores que conforman este núcleo didáctico reuniranse en A Coruña o vindeiro seis de agosto. Xuntos darán os primeiros pasos dunha aprendizaxe que virá marcada por un seguimento continuo “on line”.
Os 16 galegos membros da Plataforma, todos eles adestradores menores de 30 anos e chegados de diferentes puntos da nosa xeografía, serán os protagonistas e grandes beneficiados dunha dinámica de grupo que, grazas ao nivel dos seus titores, non pasará desapercibida.
12 horas de Baloncesto
A primeira xuntanza presencial da “Plataforma de Mellora do Adestrador Galego” coincidirá en data e sede co encontro España – Canadá (Coliseum A Coruña, 20:00 h). Este Debut da Ruta Ñ2014 servirá como un aliciente máis a compartir entre todos os integrantes do proxecto.
A asistencia ao encontro da Selección Nacional coroará un completo e extenso Programa de Actividades que ten prevista a seguinte orde do día:
10:30 h Chegada a Colexio Maristas (A Coruña).
11:00 h Actividade sobre “Traballo Mellora Individual dun xogador”.
13:00 h Charla sobre “Dinámica de Grupos”.
14:00 h Xantar en común: integrantes e titores da Plataforma (Sede: Culleredo). Posterior mesa redonda.
15:45 h Actividade sobre “Uso medios tecnolóxicos”.
16:45 h ADESTRANDO en pista con… “Aspectos de metodoloxía”.
18:00 h Charla práctica sobre “Táctica Individual”.
19:15 h Traslado a COLISEUM A Coruña.
20:00 h Encontro España – Canadá.
22:00 h Fin da Xornada.