Chega o NBA 3x presentado por BBVA a Santiago de Compostela o 22 e 23 de setembro coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto.
Co Parque da Alameda como marco, Santiago de Compostela acollerá o sábado 22 e o domingo 23 de setembro o NBA 3x presentado por BBVA, un evento 3 contra 3 para mozos e mozas a partir de 11 anos e que se dividirá en diferentes categorías.
Deste xeito, poderán inscribirse gratuitamente equipos 3 contra 3 en categoría U12, U14, U16 e Open (máis de 17 anos), nos primeiros tres casos divididos en categoría feminina e masculina e no último caso nunha única categoría absoluta.
O evento levarase a cabo o sábado 22 de setembro en Santiago de Compostela desde as 10h ata as 20h, e o domingo 23 de setembro desde as 10h ata as 19h e os equipos poden inscribirse de xeito gratuíto en:
http://nba.playoffinformatica.com/Event.php?idEvent=37&idCategoria=40
Ademais da competición 3 contra 3, o evento NBA 3x presentado por BBVA tamén haberá concursos, exhibicións e varias actividades patrocinadas por BBVA, Adidas, Foot Locker, Kia Motors, Hp, Leite Pascual e Sprite.
Por outra banda, está prevista a visita dunha lenda da NBA que se confirmará os días previos ao evento.