A MiniCopa Galicia, coprotagonista en Marín

A XXXII edición da Copa Galicia Sénior Masculina presenta este ano un aliciente especial. Da man de Concello de Marín e C.B. Peixefresco Marín, e coa colaboración do Comité Galego de Árbitros; durante a fin de semana cobrará vida a MiniCopa Galicia.

Esta competición, que se disputará sábado e domingo, 23 e 24 de setembro, no propio Pavillón da Raña, a modo de actividade paralela á Fase Final da Copa Galicia Masculina, reunirá sobre a pista aos equipos de categoría minibasket masculina dos equipos participantes na presente edición 2017 da Copa Sénior: Marín Peixegalego (como organizador), Club Ourense Baloncesto, Xuventude Cambados, Obradoiro CAB, Basquet Coruña e Estudiantes Lugo.

Formato de xogo
Os seis equipos afrontarán o sábado un cadro de competición, todos contra todos, dividíndose en dous grupos. O calendario destos partidos, que deixará aos dous primeiros clasificados que protagonizarán a final (domingo, 12.00 h), pode consultarse no documento que se achega.

O acceso a todos encontros desta MiniCopa será libre e de balde, convidando dende aquí a todos os afeccionados que se atopen en Marín, a que desfruten do mellor baloncesto base.

MiniCopa Galicia 2017 (Marín, 23 e 24/09/17)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram