A Escola Galega de Árbitros (ESGAR) dá este venres, 29 de abril, un paso máis na formación dos seus alumnos e novos colexiados.
Na súa sede habitual de cada sesión de traballo, o compostelán Colexio San José de Cluny; os seus 22 integrantes participarán dunha convocatoria que, ademáis de comprender a súa labor habitual, engade un aliciente novidoso; todo baixo a tutela do Director de Estudos da Escola e colexiado da Liga Endesa, Jacobo Rial
Como vén sendo dinámica xeral, na primeira hora e media de aula afondarase en aspectos teóricos, pasando na segunda parte, tamén durante 90 minutos; a estender a faceta práctica en pista.
O obxectivo da sesión orientarase ao coñecemento da mecánica de “arbitraxe de tres”, temática que se achegará non só aos alumnos da ESGAR senón tamén, e como novidade, a máis de 50 colexiados CGAB que xa confirmaron a súa asistencia. A actividade estará aberta tamén a árbitros FEB, G1 e sub23 CGAB e do resto do Comité.
Todos os colexiados presentes recibirán unha formación básica nesta mecánica de “arbitraxe de tres”, da que a maioría non ten experiencia e que servirá como aprendizaxe para futuras accións reais xa no horizonte.
Así, as Ligas Sub22 FGB (feminina e masculina) seráns as primeiras citas oficiais cuxos encontros conten coa dirección de tres colexiados. Unha iniciativa pioneira que na nosa Comunidade so ten precedentes nos encontros de Copa Galicia con presenza ACB.
Desta forma, o Comité Galego de Árbitros afronta unha perspectiva didáctica diferente con ampla proxección de futuro esta parcela da arbitraxe.