A “Mecánica Arbitral”, protagonista de novo da formación continua

O Comité Galego de Árbitros continúa aplicando os seus esforzos na formación e aprendizaxe constante dos seus colexiados e oficiais de mesa.

Elixindo a “Mecánica Arbitral” como obxectivo, o CGAB convoca unha nova actividade teórico-práctica este xoves 21 en Compostela, esperando contar coa presenza dunh elevado número de colexiados da zona. Todos dispostos a seguir crecendo na súa faceta arbitral.

Coa “Mecánica Arbitral” como eixo temático central, desde o organismo arbitral da FGB, co seu Director Técnico, Miguel Ángel Pérez, á cabeza; estanse promovendo diferentes charlas que buscan a reciclaxe constante de coñecementos.

Tralo bo inicio rexistrado coas mesmas na Delegación da Coruña o pasado 30 de xaneiro, o CGAB abre agora unha convocatoria similar para a zonal en Compostela. Será o próximo 21 de febreiro, xoves, (19.00h) nas instalacións da Casa da Xuventude (Praza do Matadoiro).

O Director Técnico departirá cos árbitros santiagueses sobre a citada Mecánica Arbitral, reforzando a súa intervención a través de material audiovisual baseado en partidos reais de diferentes ligas FGB. Posteriormente, como colofón, os participantes poderán suscitar as súas dúbidas ou inquietudes.

Así mesmo, e xa coa vista posta no vindeiro mes de marzo, o CGAB levará esta convocatoria ás Delegacións de Lugo (5 de marzo) e Vigo (12 de marzo). As restantes zonais coñecerán a súa data en próximos días.

Máis Doses de traballo
A charla deste xoves en Compostela encabeza un completo plan de traballo para o actual mes de febreiro no que á capital galega se refire. Así, ademáis das sesións de adestramento semanal, desenvolverase unha xornada específica de aula virtual cos oficiais de mesa, e implementarase o labor de apoio en partidos de minibasket para aqueles colexiados procedentes do último cursos de iniciación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram