A “Master Senior League” consolídase

A Master Senior League, competición avalada pola Federación Galega de Baloncesto; segue o seu curso como cada xoves en Vilagarcía. 
O pavillón multiusos de Fexdega acolle unha competición pioneira no baloncesto galego de 3 contra 3 reservada exclusivamente para xogadores maiores de 30 anos. O formato tamén inclúe atractivos como a disputa de copa e play-offs, ademais de diversos agasallos por parte da organización aos participantes como ceas, roupa deportiva ou entradas para partidos de Liga ACB do Río Natura Monbus Obradoiro.

(Info: Master Senior League) O éxito desta iniciativa, posta en marcha pola Asociación Deportiva e Cultural EncestaRías, queda de manifesto nos preto de 80 xogadores divididos en doce equipos que forman parte desta liga única en Galicia e que se desenvolve baixo o paraugas da Federación Galega de Baloncesto co ánimo de que o formato teña os seus brotes en distintos puntos do mapa autonómico.

O Asega-Classic Team mantense como líder indiscutible da competición cun balance de 25 vitorias fronte a só dúas derrotas. No último día de competición conseguiron un pleno de tres vitorias que lle permite manter un colchón de cinco triunfos sobre o segundo clasificado, o Te lo reservo-6,25.

Os resultados do pasado xoves rexistráronse así:

XORNADA 25

ASEGA-CLASSIC TEAM vs POLICLÍNICA PATRICIO SERQUEIRA (21- 18)

ALVAMAR-CHANTRE LA VA A LIAR vs TE LO RESERVO-6,25 (17- 21)

WILD CATS-SLAM BASKET CAFÉ vs TINTORERÍA RÍA DE AROUSA-A ESMORGA (15 -11)

SAT ARCADE vs CHURRABASKET MOBU DEPORTES (16 -17)

COCINAS SANTOS-BEIRAMAR vs A DESPENSA (21 – 17)

SOLD OUT-LOS REMOLONES vs ANGRY CATS-DUENDE (12 – 19)

XORNADA 26

A DESPENSA vs ALVAMAR-CHANTRE LA VA A LIAR (13- 17)

TE LO RESERVO-6,25 vs WILD CATS-SLAM BASKET CAFÉ (21- 14)

POLICLÍNICA PATRICIO SERQUEIRA vs ANGRY CATS-DUENDE (21 – 13)

CHURRABASKET MOBU DEPORTES vs ASEGA-CLASSIC TEAM (4 – 21)

TINTORERÍA RÍA DE AROUSA-A ESMORGA vs SAT ARCADE (16 – 19)

COCINAS SANTOS-BEIRAMAR vs SOLD OUT-LOS REMOLONES (21 – 7)

XORNADA 27

ASEGA-CLASSIC TEAM vs TINTORERÍA RÍA DE AROUSA-A ESMORGA (21 – 15)

ANGRY CATS-DUENDE vs CHURRABASKET MOBU DEPORTES (13 – 16)

WILD CATS-SLAM BASKET CAFÉ vs ALVAMAR-CHANTRE LA VA A LIAR (18 – 19)

SAT ARCADE vs TE LO RESERVO-6,25 (16 – 21)

COCINAS SANTOS-BEIRAMAR vs POLICLÍNICA PATRICIO SERQUEIRA (21 – 17)

SOLD OUT-LOS REMOLONES vs A DESPENSA (8 – 21)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram