Chega a Liga Sub 22. Na recta final da temporada, e con competición únicamente en categoría masculina, a FGB, grazas a colaboración dos clubs oirganizadores e participantes, activa esta fin de semana unha liga a celebrar ao longo de catro xornadas, cun total de oito equipos, sete galegos máis a novidosa incorporación, por primeira vez, de Ponferrada.
A continuación remitimos o calendario completo de xogo, actualizando horarios e sedes concretas conforme o paso das xornadas, que culminarán a fin de semana do 9 e 10 de xuño.
Liga Sub 22 – 2017/2018: equipos participantes
Baloncesto Narón
CB Culleredo
Cenor Obradoiro
Club Ourense Baloncesto
Costa Ártabra
Ponferrada
Santo Domingo Betanzos
Salesianos Ourense