A Liga Sub 22 emprende a marcha en categoría masculina

Estrea para a competición Sub 22 16 – 17. A categoría masculina é a encargada de iniciar a temporada para esta Liga, que contará co Instituto Rosalía como anfitrión para a súa 1º xornada, a desputar este sábado, 13 de maio.

Na edición 2017 da Liga participarán, ademais dos santiagueses: BBCA Praia de Marmadeiro, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Santo Domingo Betanzos, Básquet Coruña, Club Ourense Baloncesto e Baloncesto Narón.

Os sete equipos disputarán a liga a unha volta, xogando tres dobres xornadas e unha única xornada en catro concentracións: 13 de maio, 20 – 21 de maio, 03 – 04 xuño e 17 – 18 xuño.

O cadro de enfrontamentos para a xornada deste mesmo sábado é o seguinte:

ESTUDIANTES LUGO – BASQUET CORUÑA (10:30 h)
Campo: ROSALIA

INSTITUTO ROSALÍA – STO. DOMINGO BETANZOS (12:15 h)
Campo: ROSALIA

BASQUET CORUÑA – BBCA PRAIA DE (16:00 h)
Campo: ROSALIA

STO. DOMINGO BETANZOS – ESTUDIANTES LUGO (17:00 h)
Campo: PIO XII

Liga Sub 22 Masculina: normativa e calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram