A Liga Sub 22 actívase en Compostela

Fin de semana de estrea para a Liga Sub 22 Masculina. Porriño Baloncesto Base, Santo Domingo Betanzos, Estudiantes de Lugo, Obradoiro CAB, Rosalía de Castro e Ponferrada competirán esta temporada ao longo de tres concentracións previas e consecutivas de xogo, e unha definitiva para as cruces clasificatorias.

A Fase inicial arrinca xa este sábado, 18 de maio; en Compostela, sede na que repetirá a fin de semana do 25 e 26 de maio, para finalizar posteriormente, o 8 e 9 de xuño en Betanzos. Pola súa banda, a rolda definitiva celebrarase entre o 15 e o 16 de xuño nunha sede aínda por designar. Os enfrontamentos de cada fase, así como os horarios concretos da primeira delas poden consultarse no documento que achegamos.

Liga Sub 22 Masculina 2018 – 2019 

Xornada 1 – 18/05/19 (Pavillón Fontiñas. Santiago de Compostela)

(12.00 h) Santo Domingo Betanzos – Estudiantes Lugo Leyma Natura

(10.00 h) Obradoiro CAB – Porriño Baloncesto Base

(17.00 h) Perdedor X – Perdedor Y

(19.00 h) Gañador X – Gañador Y 

 

 

Liga Sub 22 Masculina 2018 – 2019: sedes e enfrontamentos

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram