– Nove equipos darán vida á primeira e histórica temporada desta Liga de carácter autonómico.
– A competición realizarase en formato concentracións, abrindo o xogo o vindeiro mércores, 1 de novembro; en Pontevedra.
A Federación Galega de Baloncesto abre con éxito a primeira Liga autonómica de veteranas.
Un total de 9 equipos completaron a súa inscrición neste novidoso proxecto, que reúne a xogadoras nadas antes do 1989.
Con 2 dous clubs de nova creación máis sete clubs xa existentes representados, as protagonistas desta competición virán da man dos seguintes equipos:
- ADC Dos Más uno (Santiago de Compostela)
- Basquet Aurum Ferrol (Ferrol)
- La Salle GoldenCAB (San Juan Bautista)
- Kempaperas (Club Baloncesto Kempape)
- Estudiantes P (Baloncesto Estudiantes Pontevedra)
- Golfiños Sada (CB Golfiños de Sada)
- Val de Lemos (CB Val de Lemos)
- Perusiñas – CID – Cris Seijo (CB Cidade de Lugo)
- CB Rodaballo (Rodaballo Club)
A competición
Os nove equipos enfrontaranse en formato concentración mensual e divididos en dous grupos.
Celebrarán un total de cinco xornadas previas coa súa sede correspondente en cada caso, e unha xornada final marcada para o mes de xuño.
A primeira cita coas pistas terana o próximo mércores, un de novembro; abrindo a Liga en Pontevedra, baixo a organización de Estudiantes P e con dobre enfrontamento: Estudiantes P – Val de Lemos e La Salle GoldenCAB – DOS MÁS UNO.
Os horarios concretos de cada partido, unha vez confirmados; así como o calendario completo e sedes de xogo poderán consultarse no apartado de COMPETICIÓNS da web.
Polo momento, o Calendario Provisional pode consultarse AQUÍ.oi