A Liga “CLÍNICAS GAIAS – 1º División Masculina” recoñece ao seu Campión

A principal competición sénior en categoría masculina da Federación Galega de Baloncesto, a Liga de 1º División Masculina , pechou este martes a temporada 2013 – 2014 da man do seu campión e do principal patrocinador da mesma, BASQUET CORUÑA e CLÍNICAS GAIAS, respectivamente.

A escuadra coruñesa, líder definitiva desta 1º División Masculina trasladouse ao completo ata as instalacións que a CLÍNICAS GAIAS posúe na cidade herculina para de mans de Alberto Canella, Director Xerente de Gerosalud de CLÍNICAS GAIAS; recoller a Copa que o acredita como campión.

O representante da entidade médica trasladou os seus parabéns a todos os integrantes de Básquet Coruña, os cales agradeceron as súas palabras. Xunto a eles estivo tamén o Vicepresidente FGB e Delegado en A Coruña, José Manuel Villamarín; quen recoñeceu a traxectoria do club nesta 2013 – 2014 e agradeceu o apoio e colaboración de CLÍNICAS GAIAS coa Federación Galega de Baloncesto. 

DSC 0404

Clínicas Gaias: asistencia de calidade
Clínicas Gaias, patrocinadora e aliada en termos de sáude da Federación Galega de Baloncesto, é un conxunto de policlínicos médicos situados en Santiago, A Coruña, Ferrol, Ribeira e Vigo que nacen cun primeiro centro en 1999 en Santiago formado por tres servizos, Neurocirurxía, Fisioterapia e Traumatoloxía, con especialización en Patoloxía de columna.

Na actualidade dispón de cinco centros, cunha importante cantidade de especialidades médicas e cirúrxicas (traumatoloxía, neurocirurxía, especialistas en tratamento da dor, dano cerebral, neurofisioloxía aínda que tamén outras como cardioloxía, xinecoloxía, otorrino, logopedia, alerxia, dermatoloxía e medicina xeral, así como servizos de fisioterapia e centros de diagnóstico (Resonancias Magnéticas, TAC).

O seu obxectivo é ofrecer unha asistencia de máximo nivel, cos recursos humanos máis capacitados e os recursos tecnolóxicos máis avanzados.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram