A “Harmonización do Minibasket Galego” consolida a súa razón de ser

A “Xornada de Harmonización do Minibasket Galego” celebrou este domingo, 22 de febreiro; a súa terceira edición, nunha cita que a trouxo de novo ás instalacións do Colexio Manuel Peleteiro (Compostela) repetindo o éxito do que xa fixera gala no se debut no ano 2013.

“III Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”: galería de imaxes

A Área Deportiva FGB, encabeza polo seu responsable directo, Carlos Colinas, agrupou nesta convocatoria a un total de 25 adestradores; 27 xogadores de preseleccións galegas cos seus técnicos, 164 xogadores nados nos anos 2004, 2005 e, 2006; acompañados polas súas respectivas familias; e seis representantes moi especiais do Baloncesto nas súas diferentes facetas.

IMG 8620

Coa participación activa de todos os citados, encabezados polo Presidente FGB, Francisco Martín, e o Vicepresidente, José Manuel Villamarín; a III Xornada de Harmonización fixo do Minibasket Galego un foco de atención real.

Os adestramentos de Tecnificación cos xogadores máis novos amosaron a boa canteira da que Galicia dispón ao longo de toda a súa xeografía, contando coa guinda, nesta ocasión, da participacións das Preseleccións Galegas Minis, en plena preparación do Campionato de España.

IMG 8379

Pola súa banda, o protagonismo didáctico chegou da man dos adestradores galegos, que volveron a dar mostras da súa implicación; e, finalmente, a perspectiva máis persoal e motivadora procedeu do binomio pais – profesionais do baloncesto.

Rubén Domínguez (Psicólogo deportivo e adestrador profesional en A.D. Cortegada LF2), Maite Méndez (Directora centro escolar, docente, nai e adestradora en C.B. Arxil LF2), Paula Lema (Árbitro FEB, ex – xogadora e estudante universitaria), Leticia Fernández (Responsable Área Saúde FGB), Mireia Navarrete (Xogadora profesional en Ensino Lugo LF2 e licenciada universitaria) e Javier Román (Ex – xogador profesional e licenciado universitario) ofreceron, con auténtica sinceridade, o seu punto de vista sobre o reto deportivo e humano que supón o Baloncesto nas idades máis novas.

IMG 8668   IMG 8686

Traballo Técnico, formación deportiva, convivencia, superación física, e mesmo aspectos vinculados coa xestión deportiva, a arbitraxe e a nutrición, tiveron o seu obrigado oco na “Hamonización”, unha particular plataforma virtual do Minibasket Galego que se xa consolida como necesaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram