A Fundación Diego Gonzalez Rivas organiza unha cita Baloncesto e a solidaridade coas lendas do Real Madrid e a Selección Galega de Veteranos

Baloncesto Veteranos

O venres 15 de decembro, ás 18:00 h, no Palacio dos Deportes de Riazor, poderemos ver a Felipe Reyes, Corbalán, Fernando Romay, Manolo Aller ou Charlie Uzal xunto a Roberto Vilar e moitas máis sorpresas preparadas para unha auténtica festa do baloncesto.

– O evento recadará fondos para levar a cabo o inmediato obxectivo da Fundación, a construción dunha unidade móbil cirúrxica para operar en África a persoas sen recursos.

– As entradas pódense adquirir nesta LIGAZÓN

A Fundación Diego González Rivas organiza un partido de baloncesto benéfico que promete ser o evento deportivo destacado da tempada na Coruña. Terá lugar o venres 15 de decembro ás 18:00 h no Palacio dos Deportes de Riazor, xusto antes do enfrontamento entre o Leyma Básquet Coruña e o Rioverde Clavijo, correspondente á décimo terceira xornada da liga LEB Oro. 

O protagonismo recae nas icónicas Lendas do Real Madrid, encabezadas pola lenda viva Felipe Reyes, e comandada por Fernando Romay que se enfrontarán á Selección Galega de Veteranos vinculada á Federación Galega de Baloncesto, entre os que se atopan o internacional Manolo Aller e xogadores máis vinculados á Coruña como José Manuel Calvelo, Charlie Uzal, Luis Montenegro ou Manu Pereira; dentro do corpo técnico Fernando Bodero ou Rafa Reparaz e árbitros como Juan Ignacio Domínguez ou José Carlos Rodríguez. 

A cita reunirá a xogadores que, despois de anos, reencóntranse na cancha para unha homenaxe única. Ademais, o evento estará cheo de sorpresas, entre elas, a presenza dos presentadores de televisión Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez, que se unen a esta gran festa do baloncesto demostrando tamén os seus dotes na pista. 

A Fundación Diego González Rivas conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Baloncesto, Gadis, o Concello da Coruña, Leyma Básquet Coruña e ás empresas colaboradoras Hotel Ibis, O Polbo, Global Graphic, S2M Inmobiliaria e Transvialia cuxa xenerosidade contribúe a facer posible esta iniciativa que servirá para recadar fondos para levar a cabo os proxectos da Fundación. 

As entradas pódense adquirir nesta LIGAZÓN

Fundación Diego González Rivas 

A Fundación Diego González Rivas, comprometida coa promoción da saúde e o acceso á atención médica en todo o mundo, foi creada polo recoñecido cirurxián Diego González Rivas, pioneiro en cirurxía torácica minimamente invasiva. Desde a Fundación trabállase incansablemente para levar a innovación médica a lugares onde máis se necesita. A misión inmediata da fundación é a construción dunha unidade móbil cirúrxica destinada a realizar operacións de cirurxía minimamente invasiva en África. Esta unidade permitirá o acceso a procedementos médicos avanzados en comunidades que, doutra maneira, terían dificultades para acceder a servizos de saúde de calidade.

A Fundación Diego González Rivas enorgullécese de compartir os valores do deporte e convida a todos a ser parte desta iniciativa, onde a paixón polo baloncesto unirase á xenerosidade e á solidariedade.

Selección Galega de Veteranos

Xogadores

Koke Rama

Julio Jiménez

José Manuel Calvelo

Popocho Modrego

Sony Vázquez

Esteban Gómez

Miguel Piñeiro

Andrés Cadahía

Charlie Uzal

Pepe Conde

Lucho Fernández

Marcos Gato

Manolo Aller

Luis Montenegro

Manu Pereira

Adestradores

Moncho Gantes

Fernando Bodero

Pepe Casal

Rafa Reparaz

Tonecho Lorenzo

Lendas Real Madrid

Xogadores

Felipe Reyes

José Miguel Antúnez

José Manuel Beirán

Eduardo Hernández Sonseca

Lorenzo Sanz

Javier Pérez

Roberto Núñez

Daniel Yusta

Antonio Llorente

Adestradores

Juan Antonio Corbalán

Fernando Romay

Vicente Ramos

Antonio García Chain

Javier Artime

Árbitros

Vicente Sanchís

José Carlos Rodríguez

Juan Ignacio Domínguez

José Luis Estévez Camiña

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram