A Formación en Iniciación para Adestradores, activa en decembro

As delegacións FGB en A Coruña e Ourense estrean nesta 2013 – 2014 o capítulo da formación en iniciación orientada a novos adestradores e adestradoras.

Co mes de decembro como o escollido para levar a cabo estas dúas primeiras convocatorias didácticas, as Delegacións de A Coruña e Ourense, a través dos seus responsables deportivos e colaboradores técnicos, serán as encargadas de materializar as 35 horas de carácter presencial que se esixen neste nivel.

Delegación en Ourense
A Delegación en Ourense repartirá este tempo lectivo entre os días 21,22,23 e 28 de decembro, establecendo o día 13 dese mesmo mes como a data tope para tramitar a inscrición no Curso.

Delegación A Coruña
Pola súa banda, a convocatoria coruñesa está programada para levarse a cabo as xornadas do 20,21,22 e 23 de decembro. Abrindo tamén, ata mediados do mes de decembro, a posibilidade de inscribirse.

Normativa e Requisitos
Os detalles que determinan a programación de ambos os cursos agrúpanse no documento oficial que se achega. Así mesmo, todos aqueles interesados en acometer o seu proceso de inscrición nunha ou noutra localización non deben perder de vista os seguintes requisitos básicos:

– Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso.
– Abonar a cota de preinscrición (200 euros), que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Para unha información ao detalle (sede do cursos, plan horario e materias), o departamento de adestradores atenderá as consultas concretas a través de cada delegación implicada:
delegacioncoruna@fegaba.com
delegacionourense@fegaba.com

Convocatoria: Iniciación 2013 – 2014
Formulario de inscrición – Cursos de Iniciación

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram