A Formación de Nivel I e Nivel 2 ultima os seus detalles

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores, está a afianzar todos os detalles do que serán as inminentes convocatorias oficiais dos cursos de Nivel 1 e Nivel 2 para esta temporada 2012 – 2013.

Co santiagués Colexio Manuel Peleteiro como sede xa confirmada para ambos os cursos, programados para celebrarse durante a primeira quincena de xullo, a dirección deportiva da FGB traballa agora para poder ofrecer nos mesmos a formación da maior calidade posible.

Os enderezos de contacto para calquera consulta que desexen realizar todos os interesados nesta futura convocatoria permanecen abertos para ofrecer información:
adestradores@fegaba.com
areadeportiva@fegaba.com

Requisito indispensable
De cara a clarificar o proceso de inscrición nesta nova tempada, a área de adestradores recorda que os alumnos que desexen participar do curso de Nivel 2 deben ter completa a carga lectiva (parte non presencial) correspondente ao Nivel 1. Sen esta non poderán cursar o indicado Nivel 2.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram