O Comité Galego de Árbitros e Special Olympics Galicia activan o I Curso de formación para árbitros destinados a dirixir actividades organizadas por Special Olympics Galicia, orientadas estas a persoas con discapacidade intelectual da nosa Comunidade Autónoma.
Estreitando os lazos que unen a ambas as institucións, e buscando reforzar a estrutura das competición promovidas no marco da súa colaboración, nestas datas de Nadal, en concreto os días 26 e 27 de decembro; FGB e FADEMGA realizarán o “I curso de formación presencial para árbitros de baloncesto – Special Olympics”
Na sede da propia FADEMGA, en Santiago de Compostela, os técnicos do Comité Galego de Árbitros impartirán este curso, achegando as bases e criterios da arbitraxe a todos os interesados en dar un paso máis neste ámbito e colaborar activamente con Special Olympics Galicia e co Club Deportivo FADEMGA nas súas ligas e nos diferentes encontros autonómicos que promovan.
A participación neste curso será de balde, previo cumprimento da inscrición precisa e dos requisitos básicos esixidos para a mesma: ser maior de 18 anos e colaborador en entidades sociais.
As solicitudes de inscrición neste I Curso de formación presencial para árbitros destinados ás actividades Special Olympics Galicia deben enviarse vía mail a arbitros@fegaba.com antes do 21 de decembro.
I Curso de Árbitros Special Olympics Galicia – Bases e Normativa
I Curso de Árbitros Special Olympics Galicia – Formulario de inscrición e LOPD