Copa Galicia EBA 2013: Baloncesto Narón, campión

Emoción ata o final. Iso ofreceron Baloncesto Narón e Estudiantes de Lugo na final de Copa Galicia EBA 2013 disputada este sábado (18:00 h) nun Pavillón de Esteiro (Ferrol) que brindou unha gran entrada para a ocasión.

Tanto os de Narón como os lucenses amosaron o estado deportivo propio da pretemporada, na que os equipos están a crecer e soldarse e para os que estas probas son boa mostra do que corrixir ou enfatizar na pista na futura competición oficial.

19/10/13 – Copa Galicia EBA. Final

Pavillón de Esteiro (Ferrol)

(18.00 h) Baloncesto Narón – Estudiantes de Lugo

(19-13, 21-20, 18-22, 11-14) (14 – 11) Final: (83-80)

A primeira metade de xogo favoreceu aos intereses de Baloncesto Narón, facendo valer o poderío da súa defensa. O electrónico foi crecendo para eles durante os primeiros vinte minutos de xogo, nos cales a resistencia de Estudiantes non impedía que chegasen ao descanso cun 40 – 33 na súa contra.

A volta dos vestiarios deixou ver un xogo máis impreciso por parte dos de Ferrolterra, situación que, agora sí, permitía a Estudiantes facer seu o terceiro cuarto (58 – 55) e recurtar a vantaxe de Baloncesto Narón. As opcións abríanse para os dous bandos.

O últimos dez minutos de encontro non resultaron tales. Os xogadores de Alex Polo continuaron a xirar o marcador ao seu favor,  tanto que  a tan só 20 segundos do final, establecían o empate. Igualdade que, aínda así, conseguirían romper definitivamente e coa que forzaban unha prórroga.

Os xogadores de Narón entraron mellor neste tempo extra, pero de novo os lucenses buscaron o seu oco, e estenderon a incertidume ata os últimos segundos, nos que o empate volvía a dominar no marcador.

Houbo que esperar ata o son da bucina para rubricar un traballado trunfo para Baloncesto Narón. Nun último ataque impreciso, Armenio Pazos anotaba unha valiosa canastra, que sumada a un tiro posterior por falta, resultaba un 83 – 80 para os homes de Suso Varela.

Trofeos

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, foi o encargado de entregar a Copa Galicia 2013 aos xogadores do Baloncesto Narón. Todo o equipo agradeceu o detalle e celebrou con ledicia este novo título, polo que tamén recibiu a noraboa por parte Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; presente no encontro.

DSC02881

Pola súa banda, Estudiantes de Lugo recolleu o seu recoñecemento de mans da Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida; quen felicitou aos lucenses pola súa boa actuación en pista.

DSC02875

MVP
A impecable actuación de Marcos Sanesteban, con 42 de valoración e crucial para a vitoria do seu equipo, permitiulle recibir o premio ao mellor xogador da final. Un recoñecemento, cortesía de “la Caixa”, que lle entregou o presidente de Universitario Ferrol, Leopoldo Ibáñez.

DSC02866

Estatística: Baloncesto Narón – Estudiantes Lugo (83 – 80)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram