A FGB reúne ás súas áreas de traballo

A poucas datas do inicio completo de todas as Ligas FGB e dos restantes mecanismos deportivos propios de cada temporada, a Federación Galega de Baloncesto, na persoa do seu presidente, Francisco Martín; reuniu na mañá deste martes aos representantes da súas tres áreas estruturais máis visibles para, en comunión, por sobre a mesa os principais aspectos de traballo de cara a esta 2012 – 2013.

Área Arbitral 
Na segunda temporada co colexiado internacional Miguel Ángel Pérez Pérez ao temón, como Director Técnico, o Comité volve a apostar por desenvolver un completo programa formativo anual que abrangue ás diferentes categorías do Baloncesto Autonómico, sen esquecer a importante tarefa de captación de novos activos.

O actual estamento arbitral da FGB promove o desenvolvemento e o crecemento das diferentes parcelas; tanto árbitros como oficiais de mesa teñen o seu espazo e, en conxunto, participan do control e correcto desenvolvemento das Competicións FGB.

Área Deportiva
Carlos Colinas, ás rendas da Área Deportiva, canalízase coma o Punto de referencia para o traballo das Seleccións Galegas de categorías base, inmersas de cheo na súa configuración como equipos e na preparación para os futuros Campionatos de España.

Coa tarefa de afondar nunhas liñas de identidade propias e un estilo diferenciado de xogo para os combinados autonómicos, o director da Área Deportiva mantén un contacto directo co cadro técnico dos Seleccionadores. Súa é tamén a responsabilidade do Programa de Tecnificación FGB, un proxecto coas súas bases xa consolidadas pero que segue a crecer.

Área de Saúde
Da man de Leticia Fernández, vinculada en anteriores temporadas á estrutura deportiva da Federación como Recuperadora Física das Seleccións Galegas, actívase un novo soporte para o control preciso dos aspectos básicos físicos e saudables para os xogadores e xogadores e persoal deportivo.

Así mesmo, a faceta arbitral non permanece allea á vinculación coa Área de Sáude, ámbito dende o que xa se traballa, a través de charlas e asistencia personalizada, como apoio á labor dos colexiados neste inicio de temporada.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram