A Federación Española de Baloncesto celebrou este sábado, 31 de maio; a súa Asemblea Xeral da temporada, na que se aprobou, por unanimidade, a xestión de José Luis Sáez.
Na mesma, e cun papel notable entre os representantes dos diferentes estamentos, estivo o Presidente da Federación Galega de Baloncesto e membro da Comisión Delegada FEB, Francisco Martín Micó.
A xestión do Presidente FEB, José Luís Sáez; foi aprobada de forma unánime na Asemblea Xeral, nun ano especial coa disputa da Copa do Mundo no noso país entre o 30 de agosto e o 14 de setembro.
Como cada temporada, a FEB reuniu neste evento aos diferentes representantes do Baloncesto Nacional, entre os que non faltaron o Presidente FGB, Francisco Martín Micó; con praza especial na mesa presidencial e atento a todas as decisións avaladas e rubricadas polos membros da asemblea.
En representación do estamento arbitral, tamén estivo presente o Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez; quen en declaracións á propia FEB remarcou que “por unanimidade todos os membros avalan a xestión e os eventos que se están organizando na Federación”. Ademais, falou do concernente á area arbitral: “podemos presumir dos mellores árbitros do mundo, e iso vai acorde co tipo de competicións. Se temos competicións de calidade e formación de calidade, imos ter tamén árbitros de calidade”.