O traballo de Tecnificación regresa á zona de Arousa. Tras dúas convocatorias celebradas no pasado 2011, a Delegación FGB en Arousa retoma agora esta faceta e volve este sábado, 18 de febreiro, a concentrar os seus esforzos en reunir a xogadores de diferentes categorías e tratar con eles a mellora nos seus fundamentos técnicos.
A infantil e a cadete serán neste caso as idades protagonistas, convocando a Delegación, baixo un sistema de listas pechadas, a un total de 64 xogadores. Todos eles, cuxos nomes poden consultarse nas listas que se achegan, reuniranse no Pavillón do Pombal (Cambados) baixo o seguinte plan de traballo:
Infantil Masculina (16.00 h – 17.00 h)
Infantil Feminina (17.00 h – 18.00 h)
Cadete Masculina (18.00 h – 19.00 h)
Cadete Feminino (19.00 h – 20. 00 h)
Centro de Tecnificación – Infantil Masculina: 18/02/12
Centro de Tecnificación – Infantil Feminina: 18/02/12
Centro de Tecnificación – Cadete Masculina: 18/02/12