A FGB preparada para colaborar co X Día Autonómico do Minibasket

A Federación Galega de Baloncesto estará presente este sábado, 8 de xuño, no X Día Autonómico do Minibasket, cita organizada en Compostela polo Grupo Correo Gallego no Pavillón Multiusos Fontes do Sar, e na que se reunirán un total de 98 equipos minis e preminis chegados de toda a Comunidade.

Nesta homenaxe anual ao Baloncesto Base participarán un total de 30 colexiados pertencentes ao Comité Galego de Árbitros e unha ducia de colaboradores deportivos que, en representación da FGB, porán o seu grao de área para que este X Día Autonómico do Minibasket Galego saia a pedir de boca.

Agasallos, xogos, sorrisos e Baloncesto 100% agardan xa a o total de 1.400 nenos que se reunirán para dar vida a un total de 104 encontros programados no calendario oficial, o cal se pode consultar aquí.

Equipos de municipios tan dispares como Burela, Xinzo, As Pontes, Carballo, Salceda de Caselas ou O Barco de Valdeorras, entre outros, viaxarán ata Santiago para sumarse aos propios equipos da capital galega, e disputar así unha xornada moi especial na que tamén colaborarán: Concello de Santiago, Coca Cola, Blu:sens, Multiusos Fontes do Sar e McDonald´s, 061, Grupo Scout Chan, Cruz Vermella e Protección Civil.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram