A Federación Galega de Baloncesto involúcrase de cheo na formación continua dos xogadores galegos de Base. E como acción directa, presenta e comunica a celebración dun Campus oficial de Tecnificación e Perfeccionamento.
A actividade, na que se están poñendo todos os esforzos, estará orientada aos xogadores máis novos, de idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, e dentro do calendario anual situarase ao longo do mes de xullo.
A FGB traballa agora mesmo en concretar os últimos detalles que perfeccionarán o organigrama completo e o mecanismo do Campus. Cuestións, todos elas, que serán comunicadas publicamente nas próximas datas. O goteo de información será constante e ao longo dos días iremos coñecendo as bases deste “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB 2012”.