A FGB pon en marcha a Acta Dixital

Fin de semana de estrea nas competicións FGB. Co inicio das Ligas de 1º División Autonómica Feminina e 1º División Masculina, a acta dixital chega tamén aos nosos pavillóns.

A partir de este sábado, 19 de outubro; e durante toda a temporada, nestas dúas competicións implementarase esta ferramenta, que busca dar un paso máis nas actuais dinámicas das Ligas FGB e axilizar o traballo do colectivo arbitral. Preto de 70 oficiais de mesa do Comité Galego de Árbitros serán os encargados de materializar este sistema, contando sempre coa colaboración dos clubs. Esta combinación permitirá establecer novas rutinas dixitais no Baloncesto Galego e adaptarse ás tendencias tecnolóxicas xa imperantes no mundo do deporte. 

Os 16 partidos que se disputarán esta fin de semana entre a 1º División Masculina e a 1º Autonómica Feminina serán un chanzo máis dentro dun proceso modernizador, que comezamos na pasada temporada coa nosa App Oficial e que seguimos nesta 2019 – 2020 con outra importante novidade FGB, a licencia dixital.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram