A presentación da Fase Final da XXVII Copa Galicia Sénior Masculina, organizada polo Club Ourense Baloncesto, anfitrión e un dos catro equipos inmersos na loita pola Copa, contou esta mañá con presenza e apoio federativo, neste caso representado na figura do seu vicepresidente segundo, José Manuel Villamarín.
O dirixente federativo viaxou ata Ourense para, xunto ás restantes autoridades presentes e os representantes do C.O.B., dar saída oficial á Fase Final desta XXVII edición e aos eventos que a rodearán durante a fin de semana do 14 e 15 de setembro.
Villamarín remarcou a “innegable tradición de Ourense no mundo da canastra”, argumento que axudará a que o Pazo dos Deportes Paco Paz sexa o “escenario perfecto, como habitualmente sucede, para acoller Baloncesto do máis alto nivel”.
As declaración do vicepresidente FGB trasladaron o desexo de toda a entidade federativa:”que os catro protagonistas desta Fase Final a convirtan nunha perfecta mostra do atractiva que será a presencia galega nas competicións ACB e ADECCO ORO”.
Animando a todos os afeccionados galegos a achegarse a desfrutar da Fase Final, Villamarín completou a súa intervención agradecendo o esforzo realizado polo club organizador e polas institucións que o apoian neste propósito.