A Federación Galega de Baloncesto amplía o seu campo de colaboradores na cidade de Ourense. O Presidente FGB, Francisco Martín, asinou esta mañá de xoves, 22 de febreiro; un acordo de traballo co Colexio María Auxiliadora- Salesianos de Ourense co obxectivo de poder ampliar a celebración en Ourense das actividades relacionadas cos diferentes ámbitos do Baloncesto.
Nesta liña, Formación para adestradores e árbitros, traballo de tecnificación ou actividades de carácter multidisciplinar fara´n do Basket un protagonista máis da dinámica da entidade educatiava ourena´, a cal dirixe Lupicinio Peña, quen asinou o convenio por esta parte.
Tanto o máximo responsable FGB, Paco Martín; como o indicado Lupicinio Peña, remarcaron no acto de rúbrica do convenio da necesidade de reforzar o apoio ao baloncesto, un deporte de ampla tradición e vinculación coa cidade das burgas e o seu día a día.