A FGB deséxavos un Nadal solidario e cheo de Baloncesto!

Festexamos o Nadal na FGB!. Chega o 22 de decembro e na Federación Galega de Baloncesto temos a ledicia de comunicar que postal é a gañadora do noso certame de debuxo “O Baloncesto e o Nadal”.

Nesta XIII edición do Concurso o primeiro premio pertence a Noa Méndez Taboada, xogadora minibasket de CAB Pontevedra que traballou intensamente para ofrecernos un “Nadal Cheo de Baloncesto”. A súa colorida proposta fai fincapé nos aspectos principais que moven o noso deporte: esforzo, aprendizaxe, gañas, respecto, paixón, diversión. Unha combinación perfecta que resulta gañadora. Parabéns Noa!

2º Premio
A edición 2022 do Certame completa o seu palmarés co segundo premio. O seu dono é Pablo Aldán Vázquez Brea (Obradoiro CAB Cadete) coa súa postal titulada “O Futuro do Baloncesto”. Nesta proposta, Pablo trasládanos os seus desexos de que o “corazón do Baloncesto” bombee 2enerxía, compañeirismo, respecto e admiración por todos os seus actores”. Xogadores, Clubs e equipos arbitrais quedan representados na súa postal, coa que os anima tamén a buscar cantos clubs, xogadores, cronómetros e chifres hai na mesma.

web POSTAL NADAL O FUTURO DO BALONCESTO

120 kilos de solidaridade
Noa e Pablo son os principais afortunados do Certame, pero este ten nesta ocasión moitos máis gañadores en virtude do seu obxectivo solidario. Gracias a achega de todos os xogadores e xogadoras participantes a Federación Galega de Baloncesto doará ao Banco de Alimentos Rías Altas 2 kilos de alimentos por cada postal recibida, configurando un total de 120 kilos. A entrega dos mesmos realizarase a vindeira semana e será un momento moi especial no que o Baloncesto fará visible a súa solidaridade e todos os valores que o espírito de equipo trae consigo.

Por este motivo, GRAZAS a todos os participantes, así como aos seus clubs, e por suposto, as súas familias. De corazón! 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram