A FGB deséxavos Bo Nadal!  

Celebramos o Nadal na FGB! Tradicionalmente, cada 22 de decembro, na Federación Galega de Baloncesto vivimos un momento moi especial: a resolución dos premios do Certame da Postal de Nadal. Gracias a este concurso escollemos o deseño co queremos felicitar as festas a todos e todas as federadas e a todas aquelas persoas que sinten paixón polo noso Deporte.

Nesta ocasión, na que celebramos a XII edición do Certame, a postal gañadora pertence a Irene Rioseco Cuerpo, xogadora de 8 anos de Baxi Ferrol. Coa súa proposta Irene traenos ademáis un bonito conto co Baloncesto e Papa Noel como principais protagonistas.

2º Premio
Pola súa banda, a edición 2021 do Certame concede o segundo premio o traballo de Pablo Framiñán Rodríguez (14 anos), xogador do CLB.

2 premio

2º Premio

Tanto Irene como Pablo, aos que lles traslamos os nosos máximos parabéns, recibirán un completo lote de agasallos nos que colaboran especialmente Leyma Natura e Amura.

Gracias!
Un ano máis queremos aproveitar este momento para agradecer o compromiso de todos os restantes participantes no Certame, cos cales nos poremos en contacto a través das Delegacións Zonais FGB ou os seus respectivos clubs para poder recoñecerlles cun detalle individual. Bo Nadal!!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram