A FGB dá a coñecer a súa Postal de Nadal

A Federación Galega de Baloncesto elixe o deseño “Unha canastra decisiva”, elaborado por Marta Ferro Romero, de 12 anos de idade e xogadora do Universitario Ferrol, como gañador absoluto do V Certame de Deseño “O Baloncesto e o Nadal”.

V Certame de Deseño “O Baloncesto e o Nadal”: Galería de Imaxes.

A creación de Marta Ferro recórdanos o espírito do xogo vinculándoo aos principais motivos propios de Nadal que todos recoñecemos. Esta idea, plasmada no papel, será a protagonista da Postal de Nadal que dende a FGB enviaremos a clubs, institucións e federados para felicitar as festas.

A creadora desta obra recibirá ademais un premio moi especial cortesía de “la Caixa”, unha equipación completa da Selección Galega, así como un premio en material deportivo valorado en 80 euros.

2º Premio
O deseño da xogadora de A.D.M Peleteiro, Paula Lamas Rodríguez, de 12 anos, resulta recoñecida co 2º posto do Certame. A súa colorista chamada a esforzarnos polos soños a realizar faina merecedora dun agasallo en material deportivo por valor de 40 euros, unha sudadeira da Selección Galega e un exemplar do libro “50 anos de Baloncesto en Galicia”.

paula lamas rodriguez peleteiro 2premio

Recoñecer dende aquí o entusiasmo de ambas as vencedoras, así como de todos os participantes nesta V edición do Certame, na que recibimos numerosas e variadas propostas. A todos eles, GRACIAS!. En breves datas recibiredes un pequeno detalle por parte da FGB.

Todas as obras recibidas contan xa cun espazo propia na nosa Galería Web. AQUÍ podes ollalas. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram