Resolución dos premios no IX Certame “O Baloncesto e o Nadal”

O IX Certame “O Baloncesto e o Nadal” xa ten deseño vencedor. A xogadora de Maristas Ourense, Carmen Prol da Costa, de 9 anos de idade; convértese na gañadora desta edición. A súa proposta enviada para o concurso, titulada “Entre xoguete e Xoguete”, faise co 1º premio e materialízase na postal oficial da Federación Galega de Baloncesto para este Nadal.

O traballo de Carmen recibirá ademais un pack de agasallos especiais grazas á cortesía da FGB e os seus colaboradores nesta iniciativa: CAIXABANK, Caldos ANETO e SUKHA Sport (Creative Textil).

2º Premio
Completando o palmarés deste 2018, o 2º premio recala no deseño realizado por Claudia Díaz López, xogadora de Basquet Coruña, de 11 anos de idade. A súa postal recibirá tamén un lote de regalos que recoñecerán o seu traballo.

Captura de pantalla completa 20122018 121058

Premios ao esforzo
Agradecidos e impresionados pola alta participación e calidade dos traballos recibidos, a Federación Galega de Baloncesto fará chegar un detalle especial a cada un dos participantes, un total de 53, e cuxas postais poderemos ollar en breve na nosa galería web. 

Este agasallo, que quere recompensar o esforzo e ilusión amosadas por xogador@s, clubs e familiares; poderá recollerse nas Delegacións Zonais correspondentes a partir do 3 de xaneiro.

PARABÉNS A TODOS, E BO NADAL!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram