A FGB dá a coñecer a súa Postal de Nadal

A Federación Galega de Baloncesto escolle a postal creada polo xogador de minibasket Miguel Anxo López Colón, do CB Sarria; como a vencedora do VIII Certame de Deseño “O Baloncesto e o Nadal”.

O Baloncesto e o Nadal 2017 – Galería de Postais 

A proposta enviada por Miguel Anxo, de 10 anos de idade; convértese na postal oficial coa que a FGB desexa a todos os federados e afeccionados de un Bo Nadal e un inmellorable ano 2018.

O xogador de Sarria recibirá un pack de agasallos especiais grazas á cortesía da FGB e CAIXABANK, entidade colaboradora nesta iniciativa. Parabéns!!

2º Premio

Pola súa banda, o 2º premio deste VIII Certame, obtendo tamén un nutrido grupo de agasallos, vai a parar ao xogador de Xiria Carballo, Mateo Nieto, de 8 anos de idade.

19 mateo nieto carballo

Agradecemento

A Federación Galega de Baloncesto agradece a participación de todos os xogadores e xogadoras que enviaron os seus deseños para esta oitava edición do certame. Igualmente, recoñece a labor dos clubs e familiares que os animaron a formar parte do concurso.

Indicar que, finalmente, todas as propostas de postais que se recibiron terán dereito ao seu propio detalle, que enviaremos ás nosas sete Delegacións Zonais e que poderá recollerse alí na segunda semana de xaneiro.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram