A FGB dá a coñecer a súa Postal de Nadal

A Federación Galega de Baloncesto escolle a postal creada polo xogador Alex Casás Martín, do CB Nigrán; como a vencedora do VII Certame de Deseño “O Baloncesto e o Nadal”.

A proposta enviada por Alex, de 10 anos de idade; pasa a ser a postal oficial coa que a FGB desexa a todos os federados e afeccionados de un Bo Nadal e un Feliz ano 2017.

O xogador de Nigrán recibirá un pack de agasallos especiais grazas á cortesía de CAIXABANK, CENOR ELECTRODOMÉSTICOS e CALDOS ANETO indispensables compañeiros da FGB nesta iniciativa.

2º Premio
Pola súa banda, o xogador do C.B. Viveiro, Marcos Timiraos Corral faise co 2º premio do VII Certame, obtendo tamén un nutrido grupo de agasallos, con presenza tamén neste lote das entidades colaboradoras.

2premio

A postal de Marcos Timiraos, 2º Premio

Agradecemento
A Federación Galega de Baloncesto agradece a todos os nenos e nenas participantes nesta VII edición do Certame o seu compromiso co mesmo. Igualmente, recoñece a labor dos clubs e familiares que os animaron a formar parte do concurso.

Indicar que, finalmente, todas as propostas de postais que se recibiron terán dereito ao seu propio detalle, que enviaremos ás nosas sete Delegacións Zonais e que poderá recollerse alí a partir do día 4 de xaneiro, previo aviso.

Para ollar todas as postais e deseños recibido pode accerderse a nosa Galería de imaxes Web.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram