A FGB dá a coñecer a súa Postal de Nadal

A Federación Galega de Baloncesto elixe a postal enviada polo xogador do CB Rianxo, Lois Patiño Rodríguez, como a vencedora absoluta do VI Certame de Deseño “O Baloncesto e o Nadal”.

A proposta de Lois Patiño, de 8 anos de idade; presenta unha colorida creación titulada “Tempo de Nadal. Tempo de Encestar” coa que a FGB desexará de xeito oficial un Bo Nadal e un Feliz ano 2016.

O xogador de Rianxo recibirá ademáis un pack de agasallos especiais grazas, en gran parte, á cortesía de CENOR ELECTRODOMÉSTICOS e “la Caixa”, colaboradores da FGB nesta iniciativa.

2º Premio
O deseño do xogador Bruno Gutiérrez Carquijero, de 10 anos e actualmente na disciplina do Universitario Ferrol, físoxe co 2º premio do Certame ao ser a postal que máis “me gustas” recolleu na nosa páxina oficial de Facebook, contabilizados as 16:30 h de esta tarde.

Diapositiva1

Agradecemento
A Federación Galega de Baloncesto desexa agradecer a todos os nenos e nenas participantes o seu entusiasmo con esta VI edición do Certame e, sobre todo, a súas gañas de desfrutar co Baloncesto, que cada ano van a máis.

Todas as propostas que se recibiron terán dereito ao seu propio detalle, que enviaremos ás nosas sete Delegacións Zonais e que poderá recollerse alí a partir do día 4 de xaneiro, previo contacto coas oficinas correspondentes para confirmar cita.

Ademáis, todas as obras recibidas contan xa cun espazo propia na nosa Galería Web. AQUÍ podes ollalasGracias a todos!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram