A FGB convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria 2016

A Federación Galega de Baloncesto oficializa e comunica a convocatoria da súa Asemblea Xeral Ordinaria da presente temporada. A cita está marcada para o vindeiro 11 de xuño, celebrándose, como vén sendo habitual, en Santiago de Compostela (Hotel Eurostar San Lázaro).

 O horario para a mesma será o das 16:00 h, en primeira convocatoria, e 16:30 h, en segunda; todo baixo a seguinte orde do día:

1. Reconto dos Membros presentes.

2. Aprobación de acta da sesión anterior.

3. Informe do Presidente.

4. Modificacións dos Regulamentos Xeral e Disciplinario da FGB para a temporada 2016 – 2017, aprobados pola Comisión Delegada.

5. Aprobación das Normas para as Competicións Oficiais da FGB para a temporada 2016/17, aprobados pola Comisión Delegada.

6. Contas Anuais e liquidación do Orzamento do Exercicio 2015.

7. Orzamento do Exercicio 2016.

8. Ratificación dos Comités de Competición e Apelación.

9. Rogos e Preguntas

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram