A Federación Galega de Baloncesto celebra o martes, 27 de decembro; a súa Asemblea Xeral Extraordinaria. A cita terá lugar na propia sede da FGB en Santiago de Compostela (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 14) ás 17.30 h en primeira convocatoria, e ás 18.00 h en segunda.
A indicada Asemblea Xeral Extaordinaria terá lugar baixo a seguinte orde do día:
1. Reconto dos Membros presentes.
2. Aprobación Orzamento FGB 2017.
Na circular oficial FGB nº 24, disponible para a súa descarga, pode consultarse o proceso de presentación de suxestións ou emendas no marco desta Asemblea.
Nº24 – 02/12/16: Emendas ao Orzamento 2017 da Federación Galega de Baloncesto