A Área Deportiva da FGB, tras comunicación oficial á Asemblea o pasado mes de xuño, confirma publicamente a non participación desta Federación no próximo Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete e Infantil 2021 marcado para celebrarse entre o 1 de 5 de setembro.
Consideramos que a nosa comparecencia neste campionato no indicado mes de setembro suporía a interrupción da programación e inicio da pretemporada para os clubs FGB, e non nos permitiría realizar unha preparación axeitada coas garantías deportivas pertinentes coas que, por parte desta Federación Galega, sempre acudimos a estas citas.
Así mesmo, a nivel competitivo, tomar parte neste Campionato Infantil e Cadete coas xeracións de xogadores e xogadoras que no seu momento non puideron tomar parte do mesmo pola súa suspensión por motivos sanitarios significaría participar con xogadores e xogadoras que xa non corresponden a estas dúas categorías.
Nesta liña, e actuando sempre para ofrecer o escenario deportivo e a filosofía de progreso e de programación máis óptima para todos: xogadores, clubs e adestradores; desde a Área Deportiva FGB traballamos xa coa dinámica de Seleccións de cara ao futuro Campionato de España correspondente a xaneiro de 2022.