A FGB coñece o proxecto Ecoballution

A Federación Galega de Baloncesto toma contacto co proxecto Ecoballution, iniciativa de economía circular vinculada ao deporte.

O máximo responsable desta aposta, o xogador galego Carlos Martínez, referente nacional a nivel de 3×3, integrante da Selección Española nesta modalidade e, con ampla traxectoria en Baloncesto 5×5; presentou á FGB a súa proposta de redes ecolóxicas para canastras.

Carlos Martínez e o principal representante da actual comisión xestora da FGB, Paco Martín; departiron sobre os valores e obxectivos que moven estas redes. Recicladas por redeiras de Corme a partir de redes de pesca xa en desuso, con elas Ecoballution busca combinar baloncesto, sostenibilidade e educación social.

A presenza destas redes non é allea na alta competición, contando con colaboracións con ACB, NBA e FEB. Tampouco na nosa Comunidade, onde xa traballan coa Fundación Breogán a través do proxecto “Ningún aro sen rede” para dotar destas redes a colexios que o soliciten.

Un proxecto que camiña sumando baloncesto e concienciación social e do que agradecemos coñecer máis ao detalle da man do seu impulsor.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram