A FGB coñece o “Espacio 2014”

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, tivo a oportunidade de percorrer, acompañado polo presidente da FEB, José Luis Sáez, as dependencias da que será a nova sede para o vindeiro Mundial 2014: o “Espacio 2014”.

Inaugurado en “visita privada” o pasado 12 de xullo, coincidindo coa celebración da Comisión Delegada da FEB, da que Francisco Martín é membro, o “Espacio 2014” contou coa presenza de diferentes personalidades de Baloncesto, entre elas o propio Martín, que coñeceron de primeira man este tesouro da historia do Baloncesto.

O edificio da antiga Fundación Ferrándiz, en Alcobendas, sirve como perfecta sede para este “Espacio 2014”, o que será un novo e vivo centro de ocio e Baloncesto e do que o presidente da FGB recolleu as mellores sensacións. Nos seus accesos puido desfrutar de imaxes históricas, na súa biblioteca de xoias como, entre outras, un exemplar do regulamento orixinal de Naismith; e nas súas profundidades de verdadeiras delicias relacionadas con este deporte.

Así mesmo, o mandatario FGB visitou na súa planta superior as oficinas da Copa do Mundo, as que estarán a pleno rendemento a partir do vindeiro mes de setembro, despois da que será a inauguración “oficial” de este Espacio 2014.

Un lugar “imprescindible”
O presidente FGB, que estivo ben atento aos prodixios que recolle este “Espacio 2014”, non dubida en catalogar o proxecto como “imprescindible” para todo bo amante do Baloncesto. E, polo mesmo, felicita enerxicamente á FEB e ao seu presidente, José Luis Sáez; principal impulsor desta nova forma de entender o Basket.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram