A FGB, co IX Día Autonómico do Minibasket

A Federación Galega de Baloncesto estivo representada este sábado na festa do Minibasket que organizou como cada ano, e xa van nove edicións, o Grupo Correo Gallego Gallego en colaboración directa co Concello de Santiago, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Coca-Cola, Blusens e Multiusos Fontes do Sar.

Coa presenza do seu Vicepresidente Primeiro, Alberte Zato; e do seu Presidente de Honra, Francisco García, a entidade Federativa arropou o traballo do Grupo Correo Gallego nesta xornada lúdica que gozou, como ben sendo habitual, dunha elevada participación, cun total de 98 equipos de categoría mini e premini.

O Comité Galego de Árbitros implicouse tamén estreitamente con esta festa, coa designación de colexiados e oficiais de mesa que, xunto aos nenos e nenas, deron vida na pista aos 104 encontros levados a cabo de entre as 09.30h e 19.00 h.

Agradecemento
Por suposto, dende a Federación aproveitamos o noso soporte oficial e a través do mesmo queremos agradecer a todas as institucións e empresas que, desinteresadamente, responderon á nosa chamada á colaboración para poder ofrecer aos participantes deste IX Día Autonómico do Minibasket numerosos agasallos: Federación Española de Baloncesto, Baden, McDonald´s, XACOBEO, INCOLSA, Centro Deportivo, Real Madrid, Obradoiro CAB, Coca Cola, “la Caixa” e GADIS.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram