A FGB celebra as súas Asembleas Xeral e Extraordinaria

– Coa celebración na tarde deste sábado desta reunión anual a Federación Galega de Baloncesto dá a benvida á nova temporada 2012 – 2013.

– O Regulamento Xeral e Bases de Competición para esta nova temporada, definidas nesta convocatoria, poderán consultarse na web en vindeiras datas.

A Federación Galega de Baloncesto celebrou na tarde deste sábado, 23 de xuño, as súas Asembleas Xeral Ordinaria e Extraordinaria, importantes citas para o Baloncesto Galego de cara a asentar e decidir a regulamentación definitiva para a nova temporada 2012 -2013.

En primeira instancia, a Asemblea Extraordinaria procedeu á votación e conseguinte aprobación da Modificación dos Estatutos da Federación para a súa necesaria adaptación á nova Lei do Deporte de Galicia (Lei 3/2012 do 2 de abril).

Ao remate deste primeiro e importante proceso, deuse paso á Asemblea Xeral na que, en función da orde do día establecida presentáronse ante os asembleístas, coa responsabilidade de votar as diferentes emendas, os diferentes aspectos que configurarán as Bases de Competición e Regulamento Xeral para a temporada que xa entra.

Memoria de traballo
Esta Asemblea Xeral permitiu a súa vez coñecer polo miúdo a memoria de traballo 2011 – 2012 da Federación Galega de Baloncesto e o seu Comité de Árbitros. Tanto o presidente FGB, Francisco Martín; como o Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, dirixíronse aos presentes para trasladarlles as súas conclusións sobre a temporada que deixamos atrás, así como os obxectivos para a xa presente. As intervención de ambos, resumidas en sendos textos, poden consultarse xunto a esta nova.

Informe Federación Galega de Baloncesto 2011 – 2012
Informe Comité Galego de Árbitros 2011 – 2012

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram