A Federación Galega de Baloncesto e a axencia de publicidade “Equipo. Agencia de Publicidad” emprenden neste inicio de tempada un proxecto común que ten como obxectivo ampliar as marxes de difusión das actividades auspiciadas pola entidade federativa.
O presidente FGB, Francisco Martín, e o responsable directo de “Equipo”, Pedro Sanmartín; asinaron esta mesma mañá de martes en Compostela un convenio de colaboración mediante o cal a entidade federativa liga o seu facer con esta empresa de xestión de publicidade e marketing.
Esta vinculación oficial que hoxe xermina, e que se estenderá durante un período de dous anos, agarda ser unha unión frutífera a través da que albergar a unha nova plataforma sólida para facer crecer a imaxe do noso Baloncesto, así como para dar cabida a novas fontes de recursos.