A FGB amosa a súa dor e consternación tras o accidente acontecido en Santiago

A Federación Galega de Baloncesto, encabezada polo seu presidente e representada por todo o seu persoal directivo, administrativo e deportivo, desexa amosar o seu máximo cariño e as súas condolencias ás familias das vítimas do tráxico accidente ferroviario acontecido na tarde deste mércores en Santiago de Compostela. Por suposto, queremos transmitir tamén toda a nosa forza e apoio aos feridos e afectados. O noso pensamento está con eles.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram