A FGB achega o traballo coa Psicoloxía Deportiva ao ámbito do Baloncesto

A Federación Galega de Baloncesto e a Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo (UPCD) do Centro Libredon asinan un convenio de colaboración que vincula o traballo cos aspectos psicolóxicos ao ámbito deportivo e ao día a día do noso baloncesto.

O presidente da FGB, Francisco Martín; e o director de UPCD en Galicia, Joaquín Dosil; reuníronse na mañá deste martes, 5 de marzo; para rubricar un acordo que permite que dende Libredón e a súa Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo se ofrezan descontos (valorados nun 25%) en materia de asesoramento psicolóxico aos pais de xogadores e xogadoras federados, aos adestradores, árbitros e aos propios deportistas.

A proposta que realiza UPCD, que conta con profesionais especializados no manexo das principais ferramentas específicas do coaching deportivo, vén avalada polo seu traballo de máis de 14 de anos no ámbito da formación e preparación mental relacionada co deporte.

Os interesados en coñecer polo miúdo os detalles deste novo servizo e os seus descontos pode acceder á web oficial da UPCD: www.psicoachingdeportivo.com

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram